Saltar ao contido

Daganzo de Arriba

Modelo:Xeografía políticaDaganzo de Arriba
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°32′36″N 3°27′26″O / 40.543333333333, -3.4572222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
CapitalDaganzo de Arriba Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.611 (2023) Editar o valor en Wikidata (242,26 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie43,8 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude673 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataSergio Ángel Berzal Valladar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal28.814 Editar o valor en Wikidata
Código INE28053 Editar o valor en Wikidata

Páxina webayto-daganzo.org Editar o valor en Wikidata

Daganzo de Arriba é un municipio situado no leste da Comunidade de Madrid, España. Conta con 10 337 habitantes (INE 2020) e ten unha extensión de 43,77 km². O municipio aparece no entremés de Miguel de Cervantes titulado La elección de los Alcaldes de Daganzo.[1]

Toponimia

[editar | editar a fonte]
Igrexa da Asunción da Nosa Señora e casa consistorial
Anfiteatro Enrique Tenro Galván
Praza de touros

A orixe máis probable do nome de Daganzo, remóntase moito máis alá da invasión musulmá, onde se lle situou até agora.[2]

Unha inscrición romana de carácter funerario achada en Villamanta, poboación madrileña situada onde se cre que estivo a Mantua romana, en memoria de APLONDUS DAGENCIUM, enmarcaría ao infortunado APLONDUS na familia ou tribo dos DAGENCIUM, ou dos de DAGENCIUM, xentilicio que é asociado por varios historiadores co actual Daganzo.[2]

Isto induce a pensar na existencia dun pobo ou tribo celtibera (carpetana), previo á chegada dos romanos, nas inmediacións do actual Daganzo.[2]

Orixe do nome

[editar | editar a fonte]

En 1580, segundo consta nas páxinas referentes a esta vila nas Relacións Topográficas de Filipe II, o nome era simplemente Daganzo. Nesas mesmas páxinas lemos, que a poboación máis próxima cara ao sur, era a vila de Daganzuelo. Así mesmo, nas páxinas correspondentes a Daganzuelo, corrobórase que esta vila hoxe desaparecida, en 1576 tiña o nome de Daganzuelo, e que o seu veciño do norte tiña o nome de Daganzo.[2]

En 1586 Juan Vaca de Herrera comprou a vila de Daganzuelo e cambioulle o nome polo de Daganzo de Abaixo. O antigo nome con todo non caeu en desuso, habendo incluso algún documento de 1598, posterior ao cambio de nome oficial, que continúa referíndose a Juan Vaca de Herrera como “señor da vila de Daganzuelo”. Desde entón até a actualidade, fíxose referencia á hoxe extinta poboación, indistintamente cos nomes de Daganzuelo ou Daganzo de Abaixo, sendo este último o seu nome oficial e o primeiro o de uso máis coloquial e cotián. Daganzo de Abaixo desapareceu no século XIX.[2]

Ao facerse oficial o nome de Daganzo de Abaixo na localidade máis ao sur, na do norte non quedaba outra alternativa que empezar a utilizar o nome de Daganzo de Arriba, que na actualidade é o nome oficial.[2]

Demografía

[editar | editar a fonte]

O municipio, que ten unha superficie de 43,77 km². Segundo o padrón de 2017, elaborado polo INE, conta con 10 082 habitantes e unha densidade de 230,34 hab./km².[3]

Entre 1950 e 1960, crece o termo do municipio porque se unifica co antigo Daganzo de Abajo do municipio de Ajalvir.

Parque forestal María Marzol

[editar | editar a fonte]

O Parque forestal Maria Marzol é un prado de 4 hectáreas de extensión situado dous quilómetros ao norte do centro urbano de Daganzo, no Camiño do Monte e a beiras do Arroio do Monte. Acondicionado polo concello con mesas e mobiliario de recreo infantil, é un lugar ideal para gozar da familia e a natureza nunha contorna privilexiada.

O terreo foi doado por María Dores Fernández Marzol (2/7/1925 – 1/3/2012) ao Concello de Daganzo de Arriba para o gozo dos veciños do pobo. Por expreso desexo seu, ao parque púxoselle o nome da súa nai, María Marzol, natural de Borja (Zaragoza). O seu pai, Saturio Fernández Godín, natural de Daganzo de Arriba, foi o descubridor e codirector das escavacións da necrópole visigoda achada entre Daganzo de Arriba e Alcalá de Henares.

Transporte público

[editar | editar a fonte]

En Daganzo de Arriba prestan servizo 4 liñas de autobús, conectando unha delas con Madrid, na estación de Canillejas, de metro. Estas liñas son:

  • Liña 251: Torrejón de Ardoz - Valdeavero - Alcalá de Henares
  • Liña 252: Torrejón de Ardoz - Daganzo - Alcalá de Henares
  • Liña 254: Valdeolmos/Fuente el Saz - Alcalá de Henares
  • Liña 256: Madrid (Canillejas) - Daganzo - Valdeavero

Administración

[editar | editar a fonte]
Alcaldes desde as eleccións de 1979
Lexislatura Nome Partido
1979-1983 Angel Berzal Fernández

Ramos Castro Gil

Independente
1983-1987 Emilio Valladar García PSOE
1987-1991 Emilio Valladar García PSOE
1991-1995 Emilio Valladar García PSOE
1995-1999 Emilio Valladar García PSOE
1999-2003 Concepción Gutiérrez Castro PP
2003-2007 Nicolás Pinedo PSOE
2007-2011 Nicolás Pinedo PSOE
2011-2015 Sergio Berzal PP
2015-2019 Sergio Berzal[4] PP
2019-2023 n/d n/d
2023- n/d n/d

Evolución da débeda viva

[editar | editar a fonte]

O concepto de débeda viva contempla só as débedas con caixas e bancos relativas a créditos financeiros, valores de renda fixa e préstamos ou créditos transferidos a terceiros, excluíndose, por tanto, a débeda comercial.

A débeda viva municipal por habitante en 2014 ascendía a 851,10 €.[5]

Educación

[editar | editar a fonte]

En Daganzo de Arriba hai dúas gardarías (unha pública e unha privada) e 2 colexios públicos de educación infantil e primaria: o C.E.I.P Anxo Berzal Fernández e o C.E.I.P Salvador de Madariaga. Tamén dispón dun Instituto de Ensino Secundario, o I.E.S. Miguel de Cervantes. Por outra banda, hai unha escola de Música e Danza (EMMD Daganzo), e na casa da cultura son impartidos talleres de pintura e teatro, entre outros.

En canto ás instalacións deportivas, dispón dun pavillón polideportivo, o campo de fútbol Francisco Javier López, dúas piscinas municipais, catro pistas de tenis e outras catro de pádel.

  1. "Cervantes". Concello de Daganzo. Consultado o 2 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "La Historia de Daganzo" (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2021. 
  3. Instituto Nacional de Estadística (ed.). "Población, superficie y densidad por municipios.". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 02 de abril de 2021. 
  4. Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas. "Portal de Entidades Locales". Consultado o 5 de outubrode 2015. 
  5. División de la deuda viva de 2014 (dato del Min. Hacienda y Administraciones Públicas, Deuda Viva de las Entidades Locales Arquivado 11 de setembro de 2016 en Wayback Machine.) entre el número de habitantes del municipio de ese mismo año (dato del Instituto Nacional de Estadística, Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]